VENRES 27 DE MARZO
Bo día!! En primeiro lugar pedimos desculpas polos pequenos problemas técnicos que están xurdindo. Confiamos en que pouco a pouco todo se vaia resolvendo do mellor xeito. Aproveitamos tamén para comentar que todas as tarefas que se están colgando neste blogue son actividades traballadas con anterioridade na aula e que o alumnado debería ser quen de facelas. De todos xeitos, se algún neno/a non é capaz de realizar algún exercicio en concreto que o deixe ser facer e que faga o resto. Cando volvamos ao colexio afrontaranse estas dificultades de xeito individual. Esperamos que esteades tod@s ben! Un saúdo! Ana e Raquel RECORDADE LER TODOS OS DÍAS POLO MENOS 20 MINUTOS ACTIVIDADE DE LINGUA ACTIVIDADE DE MATEMÁTICAS: Se algún alumno/a xa fixo na aula a ficha 14 deste bloque laranxa , pode optar por non facela ou repetila a modo de repaso. Se decide non facela realizará soamente entón a ficha de cálculo mental.