Mércores 17 de xuño
Ola a tod@s ! Bo día!!👋 Recordarvos que se o alumnado ten na casa algún libro do colexio (da aula, da biblioteca, mochila viaxeira...) deberedes deixalo enriba da mesa correspondente ao voso/as fillo/a o mesmo día da recollida do material (29 de xuño).Moitas grazas. Hoxe comezamos presentándovos os álbumes mariñeiros que creamos a partir das fotos e os refráns que nos enviástedes. Agardamos que vos gusten e disfrutedes con eles😉 Álbum mariñeiro 2ºB Álbum mariñeiro 2º A Este mes comeza o verán. Esperamos que estas vacacións o pasedes o mellor posible e regresedes ao cole cheos de enerxía para iniciar o curso de 3º de primaria. Que maiores xa!!!! Deixámosvos un debuxo para colorear se vos apetece. Comprobade tamén no blogue de Educación Física se hai algunha actividade para hoxe. Saúdos.