VENRES 5 xuño
ACTIVIDADES TITORÍA Para hoxe vamos a propoñervos unha actividade que esperamos que vos guste moito. Queremos elaborar un álbum mariñeiro e precisamos que cada un de vós nos envíe dúas fotos relacionadas co mar e por suposto coa nosa contorna (foto dunha zona de mar, dunha cuncha, dun peixe típico da zona, dunha embarcación típica ....) Estes son algúns exemplos pero seguro que a vós se vos ocorren fotos moi chulas. Tamén queremos que elixades un refrán mariñeiro (relacionado co mar), o que prefirades. Tedes que envialo ao correo da aula xunto coas fotos para incluír no álbum. Cando o teñamos listo faremos unha montaxe para que o vexades neste blogue. Data límite de entrega: venres 12 de xuño . Para que comprobedes as vosas respostas das operacións do martes , estas son as solucións. Seguro que o cálculo vai fenomenal!!!!!!! Sumas: 25+384+237= 646 433+108+226=767 721+18+56= 795 525+114+77= 716 Restas: 74 - 25 = 49