VENRES 5 xuño



ACTIVIDADES   TITORÍA

Para hoxe vamos a propoñervos unha actividade que esperamos que vos guste moito. Queremos elaborar un álbum mariñeiro e precisamos que cada un de vós nos envíe dúas fotos relacionadas co mar e por suposto coa nosa contorna (foto dunha zona de mar, dunha cuncha, dun peixe típico da zona, dunha embarcación típica ....) Estes son algúns exemplos pero seguro que a vós se vos ocorren fotos moi chulas.
Tamén queremos que elixades un refrán mariñeiro (relacionado co mar), o que prefirades. Tedes que envialo ao correo da aula xunto coas fotos para incluír no álbum.
Cando o teñamos listo faremos unha montaxe para que o vexades neste blogue.
Data límite de entrega: venres 12 de xuño.

Para que comprobedes as vosas respostas das operacións do martes, estas son as solucións. Seguro que o cálculo vai fenomenal!!!!!!!

Sumas:
 25+384+237= 646                               433+108+226=767
721+18+56=   795                                525+114+77=  716

Restas:
74 - 25 =  49                              96 - 48  =  48
207 - 96 =  111                          384 - 147 = 237


Para hoxe nada máis, poñédemos a traballar nas especialidades dos venres:

MÚSICA         e      ARTS & CRAFTS
V concurso de dibujo | Asociación Banda de Música de CalasparraColorear Niños - Colores Dibujo: Amazon.es: Appstore para Android


Comentarios

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

VENRES 19 de xuño

XOVES 11 DE XUÑO