LUNS 27 de abril
Estimadas familias: A partir de mañá, martes 28 de abril , o alumnado de 2º comezará a traballar na área de inglés mediante unha nova plataforma chamada Snappet . Máis adiante tamén traballaremos así noutras áreas. Podedes acceder ao snappet dende a páxina principal deste blogue (igual que facedes para entrar nas outras especialidades) ou dende o blogue de inglés. Cada neno/a terá o seu propio usuario e contrasinal , que hoxe vos enviaremos por Abalar. Snappet é un método dixital con contidos curriculares.A súa plataforma contén explicacións e prácticas de exercicios. Ademais permite o seguimento do/a alumno/a en tempo real por parte dos/as profesores/as e así nós poderemos facer unha análise individualizada do que vai realizando cada neno/a.. Guía para as familias ACTIVIDADES TITORÍA: Antes de comezar coas actividades, queremos desvelar quenes son as persoas que narran o conto do audiolibro do xoves 23 de abril. Seguro que moitos de vós xa o sabedes, pero p