Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como LINGUA

LUNS 1 DE XUÑO

Imagen
  Bo día a tod@s! O sábado 30 de maio, estivo de aniversario Jessica de 2º A .  Moitas felicidades!!!! Esperamos que pasaras un día moi fermoso!!!! Comezamos a semana co vídeo sobre os corpos xeométricos que vós mesmos fixestes. Un gran traballo! Noraboa a tod@s! AULA DE 2ºA:  AULA DE 2ºB: https://www.youtube.com/watch?v=CpLBePazeYI&t=76s ACTIVIDADES TITORÍA LINGUA GALEGA MATEMÁTICAS Hoxe repasamos matemáticas coas actividades do Snappet que tedes xa activadas. VALORES El cortometraje de  Ratón en venta  trata valores como la  tolerancia  y el  respeto  hacia los demás, aunque no sean como nosotr@s o compartan nuestras ideas.  Aceptar las diferencias  como algo enriquecedor, que nos hace a cada uno de nosotr@s único y especial.  Y por supuesto aprender a  no discriminar   a nadie por ninguna razón, es importante aceptar a las personas tal y como son...

LUNS 25 de maio

Imagen
Hoxe felicitamos  a Noé de 2º A que está de aniversario. Que pases un bo día!!!!! A continuación podedes ver a montaxe con todas as portadas feitas polo alumnado do cole co gallo da celebración do Día das Letras Galegas.  Noraboa a tod@s e moitísimas grazas por participar.  Pincha no seguinte  enlace para ver o vídeo: https://drive.google.com/file/d/1uProi6_-o7a85ZI5Q2h-8QeMtWBHBGuj/view?usp=sharing ACTIVIDADES TITORÍA Aquí tedes as adiviñas relacionadas co mar que vós inventastes. Son moi chulas!!!!! Agora intentade resolvelas. Seredes capaces de acertalas todas????? Dentro duns días poñeremos as solucións para que  comprobedes as vosas respostas. Ánimo!!!!! RELIXIÓN VALORES Este corto trata el tema de la  tolerancia . Nos muestra como unos pájaros se burlan y rechazan al que es diferente y cómo finalmente una situación pone a cada uno en su lugar.

MÉRCORES 20 DE MAIO

Imagen
PROXECTO Aquí tedes un vídeo para aprender sobre os peixes. Recordades esta canción que apareceu no blogue o 4 de maio? Volvede a escoitala. Unha das actividades que fixeramos con ela fora indicar que animais da canción eran peixes. Seguro que tedes gardado ese exercicio, así que só tedes que buscalo e comprobar  se volveriades contestar o mesmo agora que xa sabedes un pouquiño máis dos peixes. Cando teñas feita a lista definitiva cos animais da canción que son peixes tedes que enviala ao correo da aula, acertarás cantos hai?  LINGUA Estas actividades de lingua tedes que envialas ao correo da vosa aula. EDUCACIÓN FÍSICA Recordade entrar no blogue do profe Enrique e a mover o corpo coas actividades que vos plantexa.

XOVES 14 de maio

Imagen
ACTIVIDADES TITORÍA   PROXECTO   O martes 12 de maio unha das actividades do blog era de  adiviñas, acertáchedes todas?  Aquí deixamos as solucións para que o comprobedes.                         Adiviña 1: Ondas                         Adiviña 2: Ondas                         Adiviña 3: Estrela de mar                         Adiviña 4: Pingüín Agora queremos que cada un de vós inventedes unha adiviña relacionada co mar e que a enviedes ao correo da aula. (Actividade a realizar en lingua galega) Aula 2ºA:    sanroque1e2a@gmail.com Aula 2ºB:    sanroque1e2b@gmail.com LINGUA Como o domingo 17 de maio é o día das Letras Galegas,vos propoñemos un xogo relacionado co autor...

LUNS 11 de maio

Imagen
ACTIVIDADES TITORÍA LINGUA GALEGA Para esta semana vos propoñemos unha actividades moi creativa. Cada un de vós ten que  elexir un libro escrito en galego e realizar unha composición plástica representando a portada dese libro ( collage, escultura, creación con regretas,pintura, barro....) Cando o rematedes tedes que sacarlle unha foto e envialo ao correo da aula antes do 15 maio (en formato JPG) A idea é facer unha publicación cos traballados recibidos de todo o alumnado do colexio co gallo da celebración do Día das Letras Galegas. Aula de 2ºA:    sanroque1e2a@gmail.com Aula de 2º B:  sanroque1e2b@gmail.com      MATEMÁTICAS Aquí tenéis un vídeo de sumas con regletas.Así las hacíamos en el aula. Recordáis??????? https://youtu.be/T00l2m1N6PI ¡Ahora vamos a practicar!. R ealiza las siguientes sumas. (Esta tarea tenéis que enviarla al correo) VALORES Este corto nos enseña que actuando JUNTOS podemos solucionar más fácilmente  los problemas que ac...

MARTES 5 de maio

Imagen
FELIZ ANIVERSARIO PARA ALEXANDER (2ºA) E SABELA (2ºA) Desexamos que teñades un fantástico día!!!!! Bicos e apertas moi fortes!!!!🎈🎈 ACTIVIDADES TITORÍA A partir da semana que vén, empezaremos a propoñer actividades de matemáticas nas que terán que utilizar as regretas , así que é interesante que todos/as  os/as alumnos/as  dispoñan delas. Podedes mercalas ou facelas con diferentes materiais: porexpan, cartón, papel, cartolinas... Se alguén as vai mercar, recordade que é importante que sexan a mesma marca  que as que temos no colexio (María Antónia Canals), para non dificultarlle o traballo ao alumnado. Son as que aparecen nesta foto. Se as vades facer, tede en conta as medidas e as cores:                  Regreta do 10  :   marrón   - 10 cm             Regreta do 5: verde - 5 cm                 ...

XOVES 30 de abril

Imagen
Estimadas familias: Houbo un erro na publicación das actividades de hoxe. Pedirvos desculpas, porque non apareceron a primeira  hora da mañá. Un saúdo. As titoras ACTIVIDADES TITORÍA Dende o domingo os/as nenos/as podedes saír a dar un paseo, que ben!!!!! Seguro que foi estupendo saír a camiñar e xogar despois de tanto tempo na casa.  Queremos coñecer a vosa experiencia, así que tedes que escribir nunha folla un texto  no que narredes esa primeira saída  e noutra folla fagades un debuxo. Queremos que nos enviedes o texto e a foto por separado ao correo electrónico da aula.                               Aula de 2ºA : sanroque1e2a@gmail.com                             Aula de 2ºB : sanroque1e2b@gmail.com Así saberemos un pouquiño máis sobre vós nestes días. INGLÉS Que tal o martes coas actividades do...

MARTES 14 DE ABRIL

Estimadas familias: Benvid@s outra vez! Agardamos que tod@s esteades ben e con moitas ganas de iniciar este novo trimestre. Aínda non temos as  instrucións da Consellería sobre  como se vai desenvolver esta  nova etapa. Polo tanto , nós seguiremos  traballando como ata agora. Tan pronto como teñamos novidades vos iremos informando. Moito Ánimo!!!!!!! RECORDADE LER TODOS OS DÍAS POLO MENOS 20 MINUTOS MATEMÁTICAS LINGUA E sta tarefa de lingua é unha continuación  da unidade 12 "Vaiche boa" que aparece na entrada do día 31 de marzo deste blogue.

XOVES 2 DE ABRIL

Imagen
Bos días familias!!!! Hoxe damos por rematado o 2º trimestre , no Xade recibiredes, a partir das 15 horas, as cualificacións dos/as voso/as fillo/as. A avaliación realizouse cos datos recollidos na aula ata o 12 de marzo. Todo o traballo que se fixo durante este periodo de alarma serviu como reforzo pero no foi avaliado. Gustaríanos que lle deades da nosa parte un bico e un  fortísimo abrazo a todos/as os/as nenos/as  e que lles trasmitades  as moitas ganas  que temos de volver traballar e aprender con eles/as. Darvos as grazas tamén a vós como familias, que tanto ao longo deste trimestre coma nestes días de confinamento, estivéchedes aí acompañando e axudando. As vacacións comezan mañá venres día 3  e rematarán o luns 13 de abril. Non sabemos que vai acontecer a partir desa data, nin como se vai organizar o 3º trimestre. Estamos a espera de novas instrucións da Consellería que vos iremos comunicando a través do Abalar ou deste blogue. Somos conscientes qu...

MARTES 31 DE MARZO

RECORDADE LER TODOS OS DÍAS POLO MENOS 20 MINUTOS ACTIVIDADE DE MATEMÁTICAS Se algún alumno/a xa fixo na aula a ficha 16 deste bloque laranxa , pode optar por non facela ou repetila a modo de repaso.  PROXECTO LINGUA