MARTES 5 de maio



FELIZ ANIVERSARIO PARA ALEXANDER (2ºA) E SABELA (2ºA)
Desexamos que teñades un fantástico día!!!!! Bicos e apertas moi fortes!!!!🎈🎈




ACTIVIDADES TITORÍA

A partir da semana que vén, empezaremos a propoñer actividades de matemáticas nas que terán que utilizar as regretas, así que é interesante que todos/as  os/as alumnos/as  dispoñan delas. Podedes mercalas ou facelas con diferentes materiais: porexpan, cartón, papel, cartolinas...

Se alguén as vai mercar, recordade que é importante que sexan a mesma marca  que as que temos no colexio (María Antónia Canals), para non dificultarlle o traballo ao alumnado. Son as que aparecen nesta foto.



Se as vades facer, tede en conta as medidas e as cores:



                 Regreta do 10  :  marrón  - 10 cm             Regreta do 5: verde - 5 cm
                 Regreta do 9 :   azul escuro - 9 cm            Regreta do 4:  vermello - 4 cm
                 Regreta do 8 :   granate - 8 cm                  Regreta do 3:  azul - 3 cm
                 Regreta do 7 :   amarelo - 7 cm                 Regreta do 2: rosa - 2 cm
                 Regreta do 6  :  morado - 6 cm                  Regreta do 1: beige - 1 cm

                             




Aquí vos deixamos dúas fotos de regretas feitas na casa xa por algunhas familias.(Nestas fotos as regretas teñen volume, pero poderían facerse planas, moito máis sinxelo)





Lingua galega



INGLÉS
No blogue de inglés encontraredes toda a información das actividades programadas para hoxe.


Comentarios

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

XOVES 21 de maio

VENRES 15 de maio

MARTES 28 de abril