MÉRCORES 3 DE MAIO
ACTIVIDADES TITORÍA
PROXECTO
Seguimos co proxecto do mar, e para continuar aprendendo, hoxe queremos que vexades un vídeo sobre como naceu a fábrica de conservas Massó en Bueu, dos mesmos donos que anos máis tarde abriron a fábrica de Massó en Cangas ( que todos coñecedes e que hoxe en día está pechada e en ruínas).
Moi atent@s !!!!
Escribe verdadeiro (V) ou falso (F) segundo corresponda. Logo escribe correctamente as oracións falsas.
- Conservas Massó descargaba o peixe dos seus barcos para a planta de envasado.
- A fábrica era pequena e de pouca importancia.
- Os irmáns Massó recompilaron gran cantidade de obxectos da súa fábrica.
- Guillermo Marconi visitou a fábrica e inaugurou o museo.
- Na fábrica non se utilizaba o traballo en cadea.
- Marconi tivo a idea de facer un museo.
- Despois da guerra o museo crece e constrúese a cheminea.
- En 1992 a fábrica pecha, no mesmo ano no que se celebran os xogos olímpicos en Barcelona.
Se tedes a oportunidade de visitar o Museo Massó de Bueu, non o dubidedes.
É moi chulo!!!!
LENGUA CASTELLANA
Entrade no Snappet e realizade as actividades de hoxe.
EDUCACIÓN FÍSICA
No blogue de educación física aparecen as actividades de hoxe. Seguro que tedes moita enerxía para facelas!!!!!
Comentarios
Publicar un comentario