XOVES 2 DE ABRIL
Bos días familias!!!!
Hoxe damos por rematado o 2º trimestre, no Xade recibiredes, a partir das 15 horas, as cualificacións dos/as voso/as fillo/as. A avaliación realizouse cos datos recollidos na aula ata o 12 de marzo. Todo o traballo que se fixo durante este periodo de alarma serviu como reforzo pero no foi avaliado.
Gustaríanos que lle deades da nosa parte un bico e un fortísimo abrazo a todos/as os/as nenos/as e que lles trasmitades as moitas ganas que temos de volver traballar e aprender con eles/as. Darvos as grazas tamén a vós como familias, que tanto ao longo deste trimestre coma nestes días de confinamento, estivéchedes aí acompañando e axudando.
As vacacións comezan mañá venres día 3 e rematarán o luns 13 de abril. Non sabemos que vai acontecer a partir desa data, nin como se vai organizar o 3º trimestre. Estamos a espera de novas instrucións da Consellería que vos iremos comunicando a través do Abalar ou deste blogue.
Somos conscientes que as actividades que colgamos hoxe son algo extensas, pero temos en conta que poden rematalas nalgúns momentos de vacacións.
Desexamos volver canto antes á normalidade do curso, mentres, se tedes algunha dúbida, podedes mandarnos un correo a seguinte dirección: sanroque1e2@gmail.com
Esperamos que tod@s esteades ben e con moito ánimo.
Un bico e unha aperta moi forte dende a nosa casa.
Raquel e Ana.
RECORDADE LER TODOS OS DÍAS POLO MENOS 20 MINUTOS
PROXECTO
LENGUA
O LAPIS DE ROSALÍA
Este foi o libro de lectura que estivemos lendo todos xuntos este trimestre. Non nos deu tempo a rematalo, así que aquí vos deixamos as páxinas que quedaban por ler para que o acabedes nestes días.
Despois da lectura contestade a estas preguntas:
1. Na páxina 48 compárase á mestra cun obxecto, con cal?
2. Sabedes o que é esternocleidomastoideo?
3.Que querían todos os nenos e nenas do colexio?
4.Gustaríache ter un lapis como o de Rosalía?
5.Se tiveras un lapis como o de Rosalía que escribirías con el?
5. Gustouche este libro?
6. Inventa outro final .
7. Se a nena non se chamara Rosalía, cal che gustaría que fora o seu nome?
ATA A VOLTA!!!!!!!!!!
Gracias por todo
ResponderEliminar