XOVES 28 de maio
ACTIVIDADES TITORÍA
Supoñemos que estades lendo todos os días un pouquiño, non vos esquezades, é moi importante para seguir mellorando.
PROXECTO
Hoxe comezamos con algunhas curiosidades sobre os peixes. Alucinaaaantes!!!!!!
- O peixe máis grande é o tiburón balea xigante que pode chegar a medir 20 metros, a lonxitude de dous autobuses. Pesa máis de 25 toneladas (25000 kilos) e ten máis de 4000 dentes.

- O peixe máis rápido é o peixe vela. Pode nadar tan rápido como un coche cando vai pola autoestrada a 120 km/h.

- A maioría dos peixes teñen boa vista e poden ver en cor.
- O peixe máis lento é o cabaliño de mar. É tan lento que apenas percibimos que se move. Para moverse metro e medio necesita unha hora.

- O peixe máis velenoso é o peixe pedra.A súa picadura pode causar incluso a morte se non se trata en poucas horas.

Continuamos traballando un pouquiño o vocabulario relacionado co mar, neste caso cos barcos e os peixes. Aquí tedes as actividades.
INGLÉS
O inglés é esencial para todo o mundo, así que veña, consultade o blogue de inglés e a aprender o idioma!!!

Comentarios
Publicar un comentario